Onde estamos?

Curuxa ten como marco territorial de actuación a Galiza. A base sobre a que leva a cabo a súa acción son os núcleos.

Se queres organizarte en Curuxa, podes contactar directamente co núcleo máis cercano para quedar previamente con nós antes de asistir a unha asemblea e así coñecer de primeira man quen somos e que estamos a facer nese momento e lugar.

No caso de non haber núcleo onde residas, Curuxa daría todo o soporte posible para poder impulsalo. Se estás interesada nisto, podes escribirnos no apartado de Contacto.

Curuxa ten núcleos en:


A Coruña

Contacto: corunha@curuxafeminista.gal

Espazo de reunión: Centro Social Gomes Gaioso (Rúa Marconi, 9)

Data das asembleas: Varía en función da dispoñibilidade


Compostela

Contacto: compostela@curuxafeminista.gal

Espazo de reunión: Casa do Matadoiro, na Sala Quirófano (Praza do Matadoiro)

Data das asembleas: Adoitan ser mércores ás 20h


Pontevedra

Contacto: pontevedra@curuxafeminista.gal

Espazo de reunión: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Campus A Xunqueira)

Data das asembleas: Varía en función da dispoñibilidade


Vigo

Contacto: vigo@curuxafeminista.gal

Espazo de reunión: Local da CUT (Rúa Urzáiz, 71, entrechán dereito)

Data das asembleas: Adoitan ser xoves pola tarde