Caixas de correo feministas

En distintos centros de ensino de lugares onde temos núcleo lanzouse adiante o proxecto das caixas de correo feministas. Consiste na disposición dunha caixa de correo por centro onde mozas poden deixar escritas de xeito anónimo experiencias machistas no eido do ensino para que nós as compartamos. Este é o cartaz que deixamos expondo en que consisten estas caixas:

Pinchando na imaxe podes vela máis grande.

Actualmente temos caixas de correo feministas en:

  • A Coruña
    • CIFP Ánxel Casal. Caixa violeta
  • Pontevedra
    • Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Caixa nº 157
    • Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Caixa nº 36
  • Vigo
    • Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Caixa nº 210
    • Escola Universitaria de Estudos Empresariais. Caixa nº 77
    • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Caixa negra situada onde as caixas do profesorado
    • Facultade de Ciencias Experimentais. Caixa nº 18
    • Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Caixa nº 105
    • Facultade de Filoloxía e Tradución. Caixa nº 158